Destacados Vigo al minuto

Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos A+ e 0+

En Vigo, hai unidades móbiles toda a semana e un punto permanente no Nicolás Peña

Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos A+ y 0+

En Vigo, hai unidades móbiles toda a semana e un punto permanente no Nicolás Peña

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) vén de informar que hai necesidade de sangue dos grupos A+ e 0+. As reservas destes grupos están en niveis baixos e dende ADOS piden aos cidadáns que realicen doacións. Así mesmo, lembran que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 unidades diarias de sangue para facer fronte ás necesidades básicas.

Onde doar?

As unidades móbiles da Axencia de Doazón están nestes días en varios concellos galegos: Ferrol, A Coruña, Santiago, Val do Dubra, Lugo, O Saviñao, Ourense ou Vigo.

En Vigo, este mércores e mañá, xoves, haberá unha unidade móbil diante do CIFP Valentín Paz Andrade (Estrada Vella de Madrid), de 09:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00h. Tamén este mércores e o xoves, na Facultade de Filoloxía e Traducción, no Campus, de 09:30 a 14:30h. O venres, no Centro Comercial Gran Vía (local de doazón, preto do acceso ao elevador dos cines), de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:00h.

Tamén é posible doar, de luns a venres de 08:00 a 22:00 h. no Hospital Nicolás Peña, Camelias 109. Concretamente, no ‘Pavillón,4, Planta Baixa’. O teléfono é: 986 219174. Hai aparcamento gratuito no parking de Pintor Colmeiro.



También te puede interesar