Comarcas Vigo al minuto

Libros, debates, exposicións e os ‘Premios Sesé Mateo’, artellan o #25N en Redondela

“Servirán para poñer en valor o papel da muller na sociedade”

Libros, debates, exposicións e os 'Premios Sesé Mateo', artellan o #25N en Redondela

“Servirán para poñer en valor o papel da muller na sociedade”

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela presentou o programa da Campaña de Igualdade en torno ao 25N, ‘Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller’.

Trátase dunha iniciativa, “aposta persoal” da alcaldesa Digna Rivas, que busca poñer sobre a mesa de debate
“todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha
igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta”.

Luns, día 21

A primeira das actividades arrinca o día 21 nos centros escolares e centros de día do municipio. Consiste nun xogo ao estilo do popular Pasapalabra onde os participantes dispondrán dun rosco proporcionado polo Concello de Redondela que terán que completar.

As palabras terán toda relación coa violencia, entre elas podemos atopar: abuso, acoso, burla, berrar…“O xogo está pensado de forma participativa e non competitiva. Busca poñer de relevancia as repercusións deses actos e desas palabras que forman parte dun entorno de violencia”, así o explicou a alcaldesa.

Martes, 22 e mércores 23

O martes 22 de novembro e o miércoles 23 a través das ‘Bibliotecas Municipais’ haberá actividades enfocadas para as familias.

Comezarán co teatro “Contos para nenas grandes e pequenas” no Multiúsos da Xunqueira con Marta Ortiz
e Brais das Hortas, o martes ás 18:30 horas. É un espectáculo que trata sobre a importancia do bo trato entre
as persoas, a loita contra a violencia machista e a igualdade a través de historias de mulleres diversas.

O obradoiro “Xoguemos a poetizar”, que se levará a cabo no Multiúsos do Piñeiral do Crego o mércores ás
18 horas
, traballa tamén a violencia de xénero, a cousificación do corpo ou o acoso escolar.

Ese mesmo día, pola mañá, tamén convídase ao alumnado dos institutos e ao público xeral (ata completar aforo) poden asistir ao visionado de dúas curtas. A proxección contará coa asistencia do director dunha delas, Javier Pereira, co que poderase debatir do tema que se expón: A SUMISIÓN QUíMICA.

Esa mesma tarde preséntase en Redondela o libro ‘8 Señales. Cuestión de vida o muerte’, no que a súa autora nos relata a súa propia e traumática experiencia na que a súa exparella a intenta asasinar.

Xoves, 24 e venres, 25

O xoves, 24 de novembro, inaugúrase a exposición ‘Á violencia de xénero dille NON!’. E xa o 25 de
novembro realizarase o acto institucional do 25N na Praza do Concello
coa lectura do manifesto e a presentación
do libro ‘BAMBÚ’ de Isabel Blanco
, para despois pasar a facer a ofrenda floral que se realiza todolos anos na
árbore Ginkgo Biloba no Salgueiral.

Premio de Xornalismo ‘Sesé Mateo’

Pola tarde, ás 20:00h., no Multiusos da Xunqueira, celébrase a ‘Gala dos II Premios de Xornalismo Ético Sesé Mateo’, “coa que pecharemos dun xeito emotivo a nosa conmemoración do 25N”.

A mestra de cerimonias será a actriz Arantxa Treus, nun acto no que se dará a coñecer a persoa gañadora desta segunda edición duns premios, que buscan recoñecer o tratamento ético das informacións vencelladas coa violencia
de xénero e ao que concorreron un total de 16 participantes.

También te puede interesar