Galicia Vigo al minuto

Sanidade enviará aos domicilios o test para a detección precoz do cancro colorrectal

Incrementará a taxa de participación en 12.000 persoas

Sanidade enviará aos domicilios o test para a detección precoz do cancro colorrectal

Incrementará a taxa de participación en 12.000 persoas

A Consellería de Sanidade vén de modificar a estratexia do ‘Programa de Detección Precoz de Cancro Colorrectal’, tras confirmar por medio dunha pilotaxe, e un estudo comparativo, a posibilidade de incrementar a súa taxa de participación até en 12.000 persoas.

1,3 millóns de invitacións

Ata o de agora, o Sanidade enviaba por correo ordinario unha invitación á poboación diana deste programa, convidándoa a participar no mesmo. Así, no caso de que o usuario aceptase participar, enviábaselle ao domicilio un kit para realizar a toma de mostra. Mediante este procedemento leváronse a cabo un total de 1.300.000 invitacións válidas dende o inicio do programa, das que entregaron o test algo máis de 423.000 (32’6% en rolda inicial).

50 casos máis de cancro

Agora, tras poñer recentemente en marcha unha pilotaxe na área sanitaria da Coruña e Cee, Sanidade detectou que se pode acadar un incremento de 12.000 participantes ao ano, enviando directamente os kits de toma de mostra á poboación diana (sen previa invitación por correo). Ademais, este estudo comparativo revelou que o devandito incremento de participación, permitiría detectar ao redor de 50 casos máis de cancro ao ano.

Unha participación máis alta

A análise comparou os dous sistemas empregados e, por unha banda, desprendeu que no espazo de tempo comprendido entre o meses de xaneiro e outubro de 2021, se acadou unha taxa de participación no cribado do 23,7%, mediante o emprego da metodoloxía tradicional.

Pola súa banda, o estratexia piloto levada a cabo entre o 1 de novembro do ano 2021 e o 30 de xuño do ano 2022 na área sanitaria da Coruña e Cee, e na que se procedía ao envío directo dos test aos domicilio -sen invitación previa por correo-, acadou unha participación en rolda inicial do 33,9 %.

También te puede interesar