Galicia Vigo al minuto

Bienvenida Lorenzo cumpre 100 anos

É a veciña máis lonxeva do Porriño

É a veciña máis lonxeva do Porriño

O Porriño celebra este domingo o aniversario da súa veciña máis lonxeva, Bienvenida Lorenzo, que cumpre un século de vida.

Non todos os días se cumpren 100 anos e tampouco é doado alcanzar esa idade en boas condicións para disfrutar da celebración como fixo Bienvenida, quen rodeada da súa familia recibiu a visita do alcalde, Alejandro Lorenzo. O caso é que, ademais, na casa de Bienvenida hoxe festexábase por partida dobre xa que tamén se celebra o 18 aniversario de Daniel, un dos seus bisnetos, que comparte aniversario don ela.

Testemuña da historia do Porriño

O alcalde felicitou a ambos e entregou á homenaxeada un ramo de flores en nome de todo o pobo do Porriño, como símbolo do agarimo dos seus veciños e veciñas.

«É unha satisfación compartir con Bienvenida a felicidade deste momento e máis aínda comprobar o fantástico estado no que se atopa a veciña máis lonxeva do noso pobo», explicou o alcalde,  «Ela é unha testemuña da nosa historia recente e garda valiosas lembranzas que tivo o detalle de compartir conmigo. É un enorme luxo que contemos con ela».

Bienvenida naceu o 13 de novembro de 1922 no municipio veciño de Mos, pero con tan só 18 aniños mudouse ao Porriño onde viviu ata o de agora ao carón do antigo campo da feira. Como destaca a súa familia foi e é unha nai e avoa excepcional, que coidou dos seus catro fillos, catro netos e oito bisnetos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.