Galicia Vigo al minuto

Maiores e pacientes de risco poden pedir cita dende este venres para a 4ª vacina da COVID

A través da web do Sergas ou da aplicación ‘Sergas Móbil’

Maiores e pacientes de risco poden pedir cita dende este venres para a 4ª vacina da COVID

A través da web do Sergas ou da aplicación ‘Sergas Móbil’

Maiores de até 79 anos, pacientes de risco, embarazadas, enfermos crónicos e profesionais sanitarios, poden pedir cita no SERGAS, dende este venres, para a 4ª vacina contra a COVID.

Segundo apuntan dende Sanidade, se trata de persoas que, polos motivos que fose, non foron a poñerse esta nova dose de ‘recordo’ e que poden obter cita para ir aos ‘vacunódromos’ dende o vindeiro luns, día 14.

Así, a cita debe solicitarse a través da web do Sergas ou na aplicación ‘Sergas Móbil’ e, está destinada a persoas de 60 a 79 anos; menores de 60 con enfermidades cardiovasculares, neurolóxicas ou respiratorias; conviventes con enfermos de alto grao de inmunodepresión ou pacientes de 12 a 59 anos con patoloxías de risco.


También te puede interesar