Comarcas Vigo al minuto

José Manuel Alfonso, candidato do PP á Alcaldía das Neves

Toma o relevo do ex alcalde Emilio Castro

José Manuel Alfonso, candidato do PP á Alcaldía das Neves

Toma o relevo do ex alcalde Emilio Castro

José Manuel Alfonso será o candidato do Partido Popular á alcaldía das Neves nas Eleccións Municipais de maio. Así o decidiu a xunta local por unanimidade, decisión que trasladaron ao presidente provincial, Luis López, e á secretaria xeral, Luisa Piñeiro, na reunión que mantiveron este xoves na sede local do partido, á que tamén asistiu o presidente local, Emilio Castro.

Membro de colectivos sociais e deportivos

José Manuel Alfonso, ten 54 anos, naceu en As Neves, é graduado social e emprendedor. Forma parte de colectivos culturais, sociais e deportivos do concello.

Durante a súa intervención, dixo estar moi ilusionado e con gañas para afrontar esta nova etapa no Partido Popular, e lembrou que conta absolutamente con todos. “Teño o respaldo de un gran equipo de veciños, e seguiremos incorporando máis nomes para presentarnos ás municipais co mellor equipo e co mellor proxecto para volver a poñer As Neves no lugar que merece”.

También te puede interesar