Comarcas Vigo al minuto

Baiona abre o prazo de inscrición no ‘Programa de Conciliación Nadal 2022’

Ata o luns 21 de novembro

Baiona abre o prazo de inscrición no 'Programa de Conciliación Nadal 2022'

Ata o luns 21 de novembro

O Concello de Baiona abre a inscrición para participar no ‘Programa de Conciliación Nadal 2022’. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o próximo luns 21 de novembro ás 14:00h..

‘Conciliación Nadal 2022’ é un programa que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e, ao mesmo tempo, «facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral».

Desenvolverase no CPI Cova Terreña, e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos. Para máis información poden contactar no teléfono 986 357 552 e 986 35 75 54 en horario de 8:30 a 14:30 horas.

Bases

As bases que regulan a convocatoria poden descargarse a través da páxina web do Concello de Baiona (www.baiona.gal), do taboleiro electrónico ou recollelas no Rexistro do Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.