Comarcas Vigo al minuto

Nigrán abre a súa nova biblioteca

Multiplica por dez a superficie da anterior

Nigrán abre a súa nova biblioteca

Multiplica por dez a superficie da anterior

Foto exterior: HéctorSantos-Diez/ O Concello de Nigrán abriu este martes (en horario de de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres, e os sábados de 9:00 a 15:00) as portas dunha nova Biblioteca Municipal.

Máis de 1.200 m2

Trátase dun inmoble vangardista, equipado con altas tecnoloxías e que multiplica por 10 a súa superficie. A veciñanza do municipio pasa así de contar cun espazo antigo de 120 m2 no Ceán (agora sede da Escola de Música) a un edificio bioclimático de 1.260 men Estrada pola Vía (altura do 118, no núcleo urbano) que multiplica as posibilidades dos usuarios e se adapta aos novos medios. 

50.000 libros

Esta realidade permite distribuir holgadamente os 50.000 exemplares e incorporar conceptos que antes nin sequera podían ter cabida (zonas de lectura, aula de traballo conxunto ou dous puntos de consulta audiovisual) e ampliar a sala de lectura de 16 a 68 postos.

Proxecto de ‘Gándara#Pons Arquitectos’

“Gañamos unha Escola de Música no Ceán e unha Biblioteca do século XXI dimensionada conforme á realidade do municipio. Este xa é un edificio premiado e de referencia en toda Galicia polo seu deseño vangardista”, sinalou o alcalde, referíndose ao proxecto de ‘Gándara#Pons Arquitectos gañador do premio ibérico Technal 2022.

Unha das principais vantaxes da nova biblioteca é que pasa dunha capacidade de 12 a 68 usuarios (e con iluminación independente en cada mesa). Ademáis, a partir de agora os usuarios disfrutarán dunha sala de usos múltiples para poder traballar en equipo.

Consulta audiovisual

Outra novidade é unha zona de consulta audiovisual equipada con dúas pantallas de alta definición e equipo de son e cascos onde, proximamente, os usuarios poderán visionar arquivos como o da antiga Televisión Local de Nigrán.

Igualmente, a biblioteca infantil gaña exponencialmente en metros e dispóns de zona de lectura integrada na propia planta, igual que a parte de adultos. As posibilidades de consulta tamén se multiplican engadindo para elo, e por vez primeira, 4 tablets e 3 ordenadores. Ademais, mellórase a conexión Wi-Fi. Finalmente, o propio edificio conta cunha cuberta con vistas a todo Nigrán e deseñada como terraza exterior para ser utilizada.

Distribución

Na andar baixo -de 191 m2- a Biblioteca conta cunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente; almacén e aseos. No primeiro andar -de 269 m2- están a hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil.

No segundo -de 272 m2- hai unha zona de préstamo para adultos e o último -235 m2-, dispón dunha zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior.

También te puede interesar