Destacados Vigo al minuto

Meli Vázquez, candidata á Alcaldía de Vigo por Podemos

A formación quere dar solución aos “problemas reais” dos cidadáns

Meli Vázquez, candidata á Alcaldía de Vigo por Podemos

A formación quere dar solución aos “problemas reais” dos cidadáns

Meli Vázquez é a candidata de Podemos á Alcaldía de Vigo. Dende o 28 de outubro ao 3 de novembro, Podemos Vigo celebrou as súas eleccións primarias para determinar a súa lista candidata ás eleccións municipais de maio de 2023.

Finalmente, a lista encabezada por Meli Vázquez baixo o lema “Outro Vigo é Posible” é a elexida, nunha “aposta por unha cidade solidaria, feminista, inclusiva e ecoloxista, que mire máis pola xente“.

Dar solución aos “problemas reais” das viguesas e vigueses

A candidatura está formada por “persoas de diferentes ámbitos profesionais e con preocupacións sobre o estado das nosas parroquias”. A candidata apuntou que “comezamos un periodo de escoita e diálogo, con outras forzas políticas e coa sociedade civil, para formar un proxecto que dea solucións aos problemas reais das viguesas e viqueses. Queremos prestar especial atención aos barrios da nosa cidade, abandonados pola actual corporación municipal.”

Á esquerda da actual Corporación

Podemos Vigo defínese como a “forza progresista, a esquerda da actual corporación, aberta a traballar para acadar acordos e tender a man a outros partidos políticos, asociacións de veciños e plataformas de diversos intereses “.

Os seus representantes aseguran que “o Concello pode convertirse nun espazo onde as demandas das viguesas e vigueses, das diferentes parroquias, teñan voz e voto”.

Terceira candidata á Alcaldía

Meli Vázquez é a terceira candidata á Alcaldía presentada ata o momento, logo de Xabier P. Igrexas, do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Marta Fernández-Tapias, do Partido Popular.

También te puede interesar