Destacados Vigo al minuto

Meli Vázquez, candidata á Alcaldía de Vigo por Podemos

A formación quere dar solución aos «problemas reais» dos cidadáns

A formación quere dar solución aos «problemas reais» dos cidadáns

Meli Vázquez é a candidata de Podemos á Alcaldía de Vigo. Dende o 28 de outubro ao 3 de novembro, Podemos Vigo celebrou as súas eleccións primarias para determinar a súa lista candidata ás eleccións municipais de maio de 2023.

Finalmente, a lista encabezada por Meli Vázquez baixo o lema “Outro Vigo é Posible” é a elexida, nunha «aposta por unha cidade solidaria, feminista, inclusiva e ecoloxista, que mire máis pola xente«.

Dar solución aos «problemas reais» das viguesas e vigueses

A candidatura está formada por «persoas de diferentes ámbitos profesionais e con preocupacións sobre o estado das nosas parroquias». A candidata apuntou que «comezamos un periodo de escoita e diálogo, con outras forzas políticas e coa sociedade civil, para formar un proxecto que dea solucións aos problemas reais das viguesas e viqueses. Queremos prestar especial atención aos barrios da nosa cidade, abandonados pola actual corporación municipal.”

Á esquerda da actual Corporación

Podemos Vigo defínese como a «forza progresista, a esquerda da actual corporación, aberta a traballar para acadar acordos e tender a man a outros partidos políticos, asociacións de veciños e plataformas de diversos intereses «.

Os seus representantes aseguran que «o Concello pode convertirse nun espazo onde as demandas das viguesas e vigueses, das diferentes parroquias, teñan voz e voto».

Terceira candidata á Alcaldía

Meli Vázquez é a terceira candidata á Alcaldía presentada ata o momento, logo de Xabier P. Igrexas, do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Marta Fernández-Tapias, do Partido Popular.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.