RGPD - Cookies
Vigo al minuto

Advirten de que a nova «venda» de Povisa compromete a asistencia a 135.000 persoas

A CIG aposta pola xestión pública do centro médico

Advertencia de que a nova "venda" de Povisa compromete a asistencia de calidade en Vigo

A CIG aposta pola xestión pública do centro médico

GIG-Saúde fixo este luns a advertencia de que a nova venda de Povisa «de Ribera Salud ao grupo francés Vivalto Santé»– compromete a sistencia médica de calidade para milleiros de persoas da área de Vigo.

«A nosa saúde como negocio privado»

Dende a central sindical sinalan que con este tipo de operacións “evidénciase o risco de converter o coidado da
nosa saúde nun negocio privado
, no que compran e venden centros sanitarios en función dos intereses
económicos dos accionistas das compañías que os xestionan, co obxectivo de minimizar os custes e maximizar
os beneficios”
.

135.000 persoas

Neste senso, consideran especialmente grave que isto suceda cun hospital como Povisa, que mantén un concerto co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para darlle asistencia a 135.000 persoas na área sanitaria viguesa.

Lembran que xa no ano 2019 rexeitaran a venta de Povisa a Ribera Salud, defendendo como alternativa a compra do hospital pola Xunta e a súa xestión con criterio de servizo público, “compaxinando os dereitos das persoas traballadoras de Povisa e os intereses da sanidade pública”.

Negociación do convenio

Agora, ademais, o novo proceso de venta dáse nun contexto “sensíbel” ao estarse negociar o convenio colectivo, que levaba paralizado desde 2010, e que ten especial importancia na mellora das condicións de traballo do persoal de Povisa que levan máis de 10 anos “conxeladas”.

Fronte a isto, a CIG-Saúde segue a defender que é preciso garantir recursos asistenciais públicos para dar unha
atención 100% pública ao conxunto da área sanitaria de Vigo, e continua apostando pola xestión pública do
hospital Povisa. “Así mesmo defendemos que a mellora das condicións laborais do persoal non se
pode ver condicionada polo continuo cambio de empresas”
.

También te puede interesar