Galicia Vigo al minuto

Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos 9 anos

E con 3 graos por encima da media

Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos 9 anos

E con 3 graos por encima da media

Galicia viviu o outubro máis chuvioso dos últimos 9 anos e a Xunta avanza que as perspectivas meteorolóxicas de cara
a combater a situación de seca son boas.

226 l/m3

Segundo avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita realizada hoxe ás instalacións de Meteogalicia, explicou que a precipitación media acumulada en outubro foi de 226 l/m3, “un 37% superior ao valor climático normal.

A conselleira incidiu en que, desde o punto de vista climatolóxico, novembro é o segundo mes máis chuvioso do ano, soamente superado por decembro, polo que, de cumprirse a previsión de normalidade, as chuvias serán bastantes cuantiosas nestas semanas.

Temperaturas: 3 grados por riba de media

No que atinxe ás temperaturas, durante o pasado mes de outubro estiveron 3º C por riba da media climática 1981-2010 , isto é 17,5ºC fronte a 14,5ºC. Esta situación débese a que a anomalía positiva da primeira quincena non puido ser revertida na segunda, xa que os episodios de chuvia chegaron con ventos de compoñente sur que mantiveron os
termómetros en valores moi suaves.

Ningún mes frío no que vai de ano

Cómpre destacar que no que levamos de ano non houbo ningún mes frío e soamente os de marzo, abril e xuño se poden considerar normais. “O resto tiveron temperaturas por riba da media”, dixo Ángeles Vázquez.

También te puede interesar