Comarcas Vigo al minuto

A Deputación estrea o asfaltado da estrada a Luneda, entre Arbo e A Cañiza

Nos case 3 quilómetros que ten de percorrido

A Deputación estrea o asfaltado da estrada a Luneda, entre Arbo e A Cañiza

Nos case 3 quilómetros que ten de percorrido

A estrada EP-5206, que dá acceso ao núcleo rural de Luneda e que comunica os concellos de Arbo e A Cañiza, ten un novo aspecto tralas obras de asfaltado realizadas pola Deputación de Pontevedra, que contaron cun orzamento de 263.300 euros.

Había 35 anos que nos se facían obras nesta estrada

Carmela Silva amosouse orgullosa de “cumprir co compromiso” adquirido coa veciñanza de Luneda.“Eu non son de prometer; son de facer, dixo a presidenta do organismo provincial, e por iso quixo actuar nesta vía “que había 35 anos que non se tocaba”. Silva, ademáis, anunciou a creación dunha plataforma empedrada no tramo entre a capela e o torreiro de San Roque, para poñer en valor o patrimonio.

3 quilómetros de novo asfalto

As obras na EP-5206 abrangueron a totalidade do trazado da estrada provincial, de case 3 quilómetros, na que se procedeu á demolición do firme asfáltico, saneo e retirada de sobrantes así como ao fresado onde foi preciso.

Ademáis, aestrada dotouse dunha tubaxe de drenaxe de PVC de 160 mm e procedeuse a un pintado completo, renovación da sinalización vertical e instalación de “captafaros” para optimizar a seguridade en horario nocturno.

También te puede interesar