Destacados Vigo al minuto

Marea de Vigo esixe a Caballero que dedique 32 millóns a gasto social

Os que o alcalde anunció que mobilizaría procedentes do remanante de Tesourería

Caballero culpa al PP de que Vigo se quede sin 18 millones de euros

Os que o alcalde anunció que mobilizaría procedentes do remanante de Tesourería

Marea de Vigo presentou este luns unha emenda á totalidade á modificación orzamentaria aprobada na Xunta de Goberno local para o uso do remanente. Con esta modificación o Goberno local quere mobilizar 32 millóns de euros para o seu uso puntual en diferentes áreas funcionais do Concello, coma se se tratase de recursos orzamentarios normais. 

Recursos extraordinarios a usos habituais

A Marea de Vigo denuncia que, unha vez máis, dende o goberno local se volven asignar recursos extraordinarios a usos habituais que non corresponden ás prioridades para as que se liberaron por primeira vez os aforros dos concellos.

Así, o voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo critica que se pretenda empregar esta dotación orzamentaria “para financiar gasto ordinario e dar cumprimento a sentenzas xudiciais, en vez de establecerse unha formulación global de uso dos recursos que se caracterice pola motivación que deu lugar á posibilidade de empregalos: a reconstrución económica e social tras dous anos de pandemia”. 

Obras, indemnizacións ou publicidade da ‘Marca Vigo

Rubén Pérez subliña que Marea de Vigo non comparte esta mobilización de recursos extraordinarios para pagar reparacións na casa da Xuventude; ampliar o gasto do Nadal; indemnizar a unha concesionaria como Dornier, “que sistematicamente incumpre o prego da súa concesión”, ou cumprir cunha sentenza que obriga a satisfacer un convenio económico co RC Celta.

Pérez engade que “baixo esta modificación queren destinarse tamén parte destes recursos a cuestións tan pouco transparentes coma a creación dunha rede de subvencións e gasto publicitario baixo a denominación “MARCA VIGO”

Non son urxentes nin propias dunha lectura social

“Non compartimos estes usos”, sinala o voceiro do Grupo Municipal, “porque como xa dicíamos en anteriores modificacións orzamentarias propostas: a maior parte destas actuacións poden ser financiadas con recursos orzamentarios normais, procedentes do superávit non executado de anos anteriores, e especialmente porque nin teñen urxencia nin son propias dunha lectura social e de reconstrución económica ante a crise da COVID-19 e a situación de crise inflacionaria que está a provocar o conflito de Ucraína con consecuencias que producen cada día un incremento das alertas dunha posible recesión económica e de aumento dos problemas de integración socioeconómica de miles de familias viguesas”.

También te puede interesar