Dúas residentes do Cunqueiro, únicas representantes españolas no concurso do Congreso Europeo de Ciruxía Cardíaca

Consuelo Sisinni e Carolina Mayor

Dúas residentes do Cunqueiro únicas representantes españolas no concurso do Congreso Europeo de Ciruxía Cardíaca

Consuelo Sisinni e Carolina Mayor

Dúas residentes de Cirurxía cardíaca do Hospital Álvaro Cunqueiro, Consuelo Sisinni (R4) e Carolina Mayor (R2), participaron no concurso internacional “Resident Showdown-Jeopardy”, que ven de celebrarse en Milán no seo do Congreso Europeo de Cirurxía Cardiotorácica.

Únicas representantes españolas

Nesta fase final do concurso só se seleccionaron 6 hospitais europeos, e de España unicamente o Álvaro Cunqueiro. Para acadar a súa participación, estas dous residentes tiveron que superar 2 exames on line, amosando os seus coñecementos nesta especialidade, así como as súas capacidades e habilidades na xestión e toma de decisións.

O feito de que os facultativos que realizan a súa formación nos centros do Servizo Galego de Saúde (Sergas) participen nestes encontros científicos, pon de manifesto a competitividade e capacidade docente da Área viguesa, ao nivel dos grandes hospitais do continente.

A sanidade pública de Vigo, ao máximo nivel europeo

Segundo explica a doutora Sisinni “é un orgullo ter sido seleccionadas e darlle así visibilidade ao Álvaro Cunqueiro. Aínda que tivemos que estudar moito para deixar alto o listón, esta competición serviunos para compararnos con outros residentes  de grandes centros hospitalarios e constatar que a nosa formación especializada está ao máximo nivel europeo”.

También te puede interesar