Cultura Vigo al minuto

Dende o mércores xa podes descargar o ‘Bono Cultura’

Ofrece descontos de ata un 50% na compra de música, películas, videoxogos ou entradas para espectáculos

Dende o mércores xa podes descargar o 'Bono Cultura'

Ofrece descontos de ata un 50% na compra de música, películas, videoxogos ou entradas para espectáculos

O mércores 2 de novembro abre o prazo para descargar o Bono Cultura da Xunta, o programa de descontos do 50% na compra de produtos ou utilización de servizos culturais.

Poderá facerse con el calquera persoa maior de idade que teña a súa residencia en Galicia e a descarga estará activa a través da web bonocultura.gal, onde se emitirá en formato dixital a través dun código QR.

50 euros

Os bonos teñen un valor de 50€ por usuario para gastar nos distintos establecementos que se adhiran. As súas compras terán un desconto do 50% ata esgotar o crédito.

Así, os produtos e servizos que se poderán adquirir non varían con respecto á edición anterior: a compra de música gravada en CD ou vinilo; películas ou series en formato físico; libros ou videoxogos; entradas para calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo…); salas de cine; concertos de música e espectáculos escénicos, entre outras.

Prazo para empresas

Xa están adheridas preto de 400 empresas do sector, unha cifra que poderá seguir medrando xa que o prazo para que os negocios se sumen continúa aberto ata o 14 de novembro. As entidades poden consultarse tamén en bonocultura.gal.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e universidades destina 1M€ ao Bono Cultura 2022 coa intención de mobilizar 2M€.

También te puede interesar