RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Nigrán busca comerciantes locais para poñerlle cara á Campaña de Nadal

A inscrición está aberta ata o 6 de novembro

Nigrán busca comerciantes locais para poñerlle cara á Campaña de Nadal

A inscrición está aberta ata o 6 de novembro

O Concello de Nigrán busca caras novas no municipio para protagonizar a vindeira campaña de Nadal de promoción do comercio local coa que colabora a asociación de empresarios Ovalmi.

Con este fin, os negocios interesados (sexan ou non socios de Ovalmi) dispoñen ata o 6 de novembro para inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es ou directamente entrando neste link:  https://forms.gle/wqe9VVDatBzApxW1A

O obxectivo é darlle continuidade ao lema ‘#VivoEnNigránComproEnNigrán‘ e #EuSonDeMercarEnNigrán empregando novamente os rostros de coñecidos comerciantes da localidade como reclamo.

Concienciar e porlle rostro aos comerciantes locais

«A campaña de Nadal de promoción do comercio local é xa unha tradición do Concello de Nigrán porque funciona moi ben nunhas datas de moitas compras. Serve tamén para conciencienciar á cidadanía da responsabilidade individual de cada un de nos á hora de consumir e dá continuidade ao noso traballo ao respecto», defende o alcalde, Juan González, quen considera que «o mellor reclamo é porlle rostro aos nosos comerciantes», polo que o Concello sigue apostando por este tipo de campaña personalista.

Cartelería, difusión en redes ou bolsas

 A iniciativa municipal comprende diferentes aspectos que se irán anunciando conforme se achegue a data, pero volverá a incluir vallas, cartelería, difusión en redes, bolsas alusivas, gifs… «Agora estamos na fase de encontrar comerciantes dispostos para poder levala adiante, nos gustaría que, a través deles, unha vez máis, todos se sintan representados», finaliza González.

También te puede interesar