Vigo al minuto

As persoas perceptoras do Ingreso Mínimo Vital seguen sen poder ir en Vitrasa de xeito gratuito

Denuncia a Oficina de Dereitos Sociais de Coia

"Vitrasa, pretende que los vigueses le paguemos 31 millones más"

Denuncia a Oficina de Dereitos Sociais de Coia

Hai dous anos o alcalde recoñecía que os perceptores do Ingreso Mínimo Vital (IMV) non tiñan acceso á tarxeta social de Vitrasa...e a situación non cambiou.

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS) informa de que esta semana unha muller contactou co punto de información e relatou o seguinte rea. É beneficiaria do IMV. Acode a Vitrasa para preguntar polas bonificacións no uso do transporte público. Alí dinlle que non ten dereito á tarxeta de «pensionista» a cal posibilita viaxar en bus urbano de xeito gratuíto. Malia cobrar unha axuda social, con contía e características semellantes ás da RISGA ou á da Pensión Non Contributiva, non ten dereito a dita bonificación.

Dende a ODS preguntan a Vitrasa, e a resposta é: «Bos días: Comunicámoslle que o IMV non se atopa comtemplado nos requisitos para a tarxeta «pensionista. Un saúdo«.

O Goberno municipal non fala disto

«Da morea de notas de prensa que diariamente emite o Goberno municipal non atopamos ningunha na que o alcalde ou Yolanda Aguiar, concelleira de Benestar Social, falen sobre isto», engaden.

«Doe máis saber que a concelleira ben coñecedora do IMV non é quen de resolver isto. Ela participou (descoñecemos se o fai na actualidade) en xuntanzas estatais nas que se falaba do desenvolvemento e dos problemas na cobertura desta prestación. A concelleira sabe que as veciñas de Vigo que cobran o IMV, dous anos e medio despois da posta en marcha desta prestación, fican sen dereito a transporte público gratuíto».

Cambiar esta situación

Ante esta realidade a Oficina de Dereitos Sociais solicita que, «de inmediato resolvan isto». Defenden que hai que mudar a organización da mobilidade en Vigo e que son moitas as voces que levan anos esixindo modelos de transportes, «máis acordes coas necesidades das persoas, respectuosos co planeta e que superen os intereses de empresas ás que só lles move ver medrar os seus beneficios».

O Ingreso Mínimo Vital chegou só a un 40% das peroas que o precisan

José Luis Escrivá -ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións- aproveitando o Día Internacional para a Erradicación da pobreza anunciaba a posta en marcha do autobús do Ingreso Mínimo Vital (IMV) que vai percorrer diferentes puntos do estado para informar e axudar na tramitación desta prestación.

Pero, a realidade é que, indican dende a ODS, a nova propaganda do ministerio pasaba de esguello por estes datos:

– O IMV só chegou ao 40% dos fogares con dereito á prestación.

– Tan só 1 de cada 10 empobrecidas no Estado o perciben.

– Segundo datos da Seguridade Social no mes de xullo o número de fogares que percibían o IMV era de 380.000, dato que chocaba coa meta do Goberno de chegar a unha cobertura de 850.000 fogares.

– Tan só 1 de cada 5 solicitudes presentadas son aprobadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.