Vigo al minuto

Os traballadores de limpeza de contedores de Stellantis Vigo cumpren 24 días en folga

Seguen coas mobilizacións diarias

Os traballadores de limpeza de contedores de Stellantis Vigo cumpren 24 días en folga

Seguen coas mobilizacións diarias

Os traballadores do Grupo Urbano Bernabé, contrata de Stellantis Vigo que se encarga da limpeza e do
estibado dos contedores e dos embalaxes baleiros da fábrica, cumpren este xoves 24 días en folga indefinida.

Dende o pasado día 3, rexeitan así «os plans da compañía de precarizar as condicións de traballo».

60 empregados

Segundo denuncian os representantes dos traballadores, a dirección pretende substituír de xeito unilateral o actual convenio provincial de limpeza de Pontevedra polo de Transporte de Mercadorías por Estrada, co conseguinte prexuízo económico, social e de estabilidade laboral para os arredor de 60 traballadores.

Obrigación de subrogar aos traballadores

En virtude deste convenio, o de Limpeza da provincia de Pontevedra, as distintas empresas concesionarias do servizo ao longo destes anos estaban obrigadas a subrogar os traballadores e as súas condicións laborais, algo que non sucederá se Urbano Bernabé pasa a aplicar o de Transporte de Mercadorías por Estrada“.

Este convenio, sinalan os representantes sindicais, “nada ten que ver coas labores que realizar o persoal da empresa”, polo que para o Comité está moi claro que «o que pretende a dirección é precarizar as condicións laborais».

Multiplícanse os recortes

Os sindicatos, que levan a cabo mobilizacións diarias, censuran que dende que este grupo empresarial se fixo cargo do servizo os recortes que se veñen sucedendo dende hai anos – con externalización de labores a outras empresas con condicións laborais máis precarias- non fixeron máis que multiplicarse, ao tempo que «aumentaron tamén os abusos e os incumprimentos».

También te puede interesar