Cultura Vigo al minuto

O Auditorio Mar de Vigo súmase ao ‘Bono Cultura’

Permite obter descontos do 50% nas entradas

O Auditorio Mar de Vigo súmase ao 'Bono Cultura'

Permite obter descontos do 50% nas entradas

O Auditorio Mar de Vigo volverá sumarse este ano á campaña do Bono Cultura impulsada pola Xunta de Galicia, que permitirá a calquera persoa maior de idade, obter un desconto de ata o 50% en calquera espectáculo cultural.

Dende o mércores 2 de novembro

Será a partir do vindeiro mércores 2 de novembro, cando calquera persoa que o desexe, poderá acceder a este tipo de desconto. Para iso, como primeiro paso debe rexistrase en bonocultura.gal, onde poderá conseguir o bono cun crédito de 50 euros para gastar en calquera espectáculo do Mar de Vigo que elixan, cun tope do 50% no prezo final de cada entrada.

Esta campaña do Bono Cultura só é válida ata o 31 de decembro, ou mesmo podería rematar antes, xa que cada recinto terá este ano un tope máximo total de 30.000 euros acumulados en descontos. 

Requisitos

As condicións da campaña do Bono Cultura da Xunta de Galicia indican que as entradas deben ser adquiridas físicamente na billeteira. Para facilitar a súa adquisición, o Auditorio Mar de Vigo abrirá as súas diariamente mañá e tarde a partir do vindeiro mércores, 2 de novembro. Pola mañá, de 12.00 a 14.00 horas e pola tarde de 19.00 e 21.00 horas, así como os días de espectáculo ,90 minutos antes do comezo do mesmo.

Esgotadas as entradas para Fito & Fitipaldis

Desde o Auditorio Mar de Vigo recoméndase intentar activar o Bono Cultura canto antes dada a demanda de moitos dos espectáculos que van ter lugar nas vindeiras semanas. As entradas para o concerto de Fito & Fitipaldis, que terá lugar este venres 28, hai semanas que están esgotadas, pero entre novembro e decembro terán lugar algúns dos espectáculos máis agardados polo público.

Musicais

Entre o 11 e o 13 de novembro estará no Mar de Vigo ‘El Médico, El Musical’, unha produción de gran formato baseado no libro de Noah Gordon; entre o 2 e 4 de decembro‘Peter, el musical’, un dos musicais máis importantes da última década.

Para os máis pequenos, ou para gozar con toda a familia, o 27 de novembro chega SuperThings, e o 11 de decembro ‘La Bella y la Bestia’, outras das obras actuais que están colleitando un enorme éxito. Ou xa en febreiro 2023, o día 4, a actuación do polifacético Kevin Johansen no Auditorio presentando a súa xira ‘Tú Ve Tour’.

Para acceder a todos estes espectáculos cos descontos do Bono Cultura, deben adquirirse as entradas na bileteira do Mar de Vigo; pero para as persoas que non dispoñan do Bono Cultura e queiran efectuar a súa compra en liña, poden facelo a través de www.teuticket.com.

También te puede interesar