Comarcas Vigo al minuto

A dúas ‘velas’ en Tomiño

A oposición denuncia que a alcaldesa quere que “sexamos un pobo a escuras”

A dúas 'velas' en Tomiño

A oposición denuncia que a alcaldesa quere que “sexamos un pobo a escuras”

“Os cortes de luz nas parroquias son cada vez máis frecuentes xa que o goberno do BNG tomou a decisión de aforrar cartos dándolle para abaixo o interruptor do alumeado público”.

Esta é a denuncia do Grupo Popular dende o que denuncian que “nestes momentos están alternando os cortes por zonas, de xeito que acenderán unha noite en Amorín, outra en Barrantes, outra en Goián…”.

Os responsables populares apuntan que a administración local debería ter a capacidade de previr situacións excepcionais “mediante unha xestión prudente e sensata dos cartos dos veciños”. Pero, aseguran, “en Tomiño non é así”.

Denuncian que “o Goberno municipal quere converter un ben de primeira necesidade como é a luz nun privilexio”, o cal, insisten, vai máis aló do custo actual da enerxía.

Nesta liña subliñan que “malgastar os cartos sen sentido en obras inxustificadas ao longo dos anos de mandato, ten
consecuencias perniciosas e agora tócanos pagar o pato aos de sempre
“. Así, aseguran que o goberno local está a
aproveitar a situación actual como escusa da súa incompetencia xestora durante os 15 anos de mandato e en 2023 terá consecuencias reflectidas nas urnas”.

Ademáis, continúan, “desde que se impuxo esta medida xa aumentaron as denuncias por roubos e consta que están
entrando en vivendas
do barrio do Carregal de Arriba, na parroquia de Amorín”
.

Á vista destes feitos instan á alcaldesa, Sandra González, a reverter esta situación que cualifican de “insostible” e advirten de que “tomaremos medidas legais se estas decisións seguen tendo prexuízos directos para os nosos veciños”.

También te puede interesar