Destacados Vigo al minuto

Ana Miranda, elixida vicepresidenta da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo

A eurodeputada galega comprométese a seguir traballando nas denuncias cidadás

Israel impide a entrada a eurodeputada Ana Miranda, que integraba unha misión do Parlamento Europeo

A eurodeputada galega comprométese a seguir traballando nas denuncias cidadás

A galega Ana Miranda, vén de ser elixida vicepresidenta primeira da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo -en substitución da eurodeputada Margrette Auken-.

No primeiro punto da sesión celebrada hoxe, a eurodeputada do BNG foi elixida por aclamación dos membros da Comisión, é dicir, sen necesidade de votación, de forma que ocupa con este nomeamento un dos cargos mais altos dos
representantes galegos no Parlamento Europeo.

Alvia, Enfermeiras en Loita, SAF, Dereitos laborais

“Con esta nova responsabilidade o Bloque vése máis recoñecido na Eurocámara, con maior poder e capacidade política para dar máis visibilidade a Galiza e os seus problemas”, subliña Miranda. Así, na súa intervención salientou que xa formara parte da comisión noutras ocasións e como exemplo do seu traballo fixo referencia a algúns dos temas tratados, como o informe da contaminación das rías galegas, o accidente do Alvia e as reclamacións das enfermeiras en loita.

Igualmente, a eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego, tamén impulsou no seo desta comisión o debate sobre o Servizo de Axuda no Fogar, o afundimento do pesqueiro ‘Villa de Pitanxo’, o tratamento de residuos, a megaminería contaminante, a instalación dos megaparques eólicos, a prohibición das fundacións franquistas, a liberdade de expresión e os dereitos laborais.

Intervir directamente

Sempre colaborei cos demais grupos de maneira leal na que creo que é a mellor comisión do Parlamento Europeo”, subliñou Miranda, quen considera que nesta comisión é na que as persoas, os colectivos e os Pobos “poden intervir directamente” para falar dos temas denunciados.

Neste sentido, a eurodeputada verde danesa Margrette Auken, quen propuxo a Miranda para substituíla en nome do grupo parlamentar ao que pertence o BNG, asegurou que non lle cabía ningunha dúbida de que a súa colega vai facer
“perfectamente o seu labor coma sempre traballou“.

Na Comisión de Peticións da Eurocámara hai numerosos temas galegos coma hoxe mesmo, cando comparecerán familiares do barco Villa de Pitanxo, afundido en Terranova o pasado mes de febreiro.

También te puede interesar