Comarcas Vigo al minuto

O Concello da Guarda pide un uso responsable da auga para non ter que cortar o suministro

Hai varias averías no sistema de bombeo

Hai varias averías no sistema de bombeo

O Concello da Guarda informa que debido ás inclemencias climatolóxicas producíuse unha avaría eléctrica no sistema de bombeo de auga potable de Carballidos, quedando este inoperativo.

Do mesmo xeito, dende a Estación Depuradora de Tui, indican dende o Concello, «se nos comunica que tamén se rexistrou unha avaría nos seus seus sistemas o que lles imposibilita suministrarnos auga temporalmente».

Por isto, o Goberno local pide á cidadanía guardesa, que ata novo aviso, faga un uso responsable da auga «para evitar ter que realizar cortes no suministro«.

Por último, o Goberno municipal subliña que tanto a avaría da Guarda coma a de Tui están sendo reparadas nestes intres.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.