Comarcas Vigo al minuto

Nigrán quere crear unha Escola Municipal de Música na vella Biblioteca do Ceán

O edificio adáptase a esta nova función

O edificio adáptase a esta nova función

O Concello de Nigrán dá o seu primeiro gran paso para contar cunha verdadeira Escola Municipal de Música establecendo a sede na vella Biblioteca do Ceán. Alí os 80 alumnos de Guitarra, Violín, Piano e Linguaxe Musical reciben xa desde esta semana as clases de mans dos dous profesores do Concello, Manuel Cebrián e Olga García.

Ensino musical nun mesmo edificio

Deste xeito, por vez primeira se centraliza a ensinanza musical nun edificio propio (ata agora se distribuían en diferentes espazos municipais). O obxectivo do Goberno local é ir ampliando nos sucesivos cursos especialidades. Así, entre elas, ‘Música e Movemento’ para crianzas e actividades de conxunto, requerimentos básicos para poder constituírse como Escola Municipal de Música.

Un inmoble perfecto para esta actividade

O edificio do Ceán adáptase á perfección a esta nova función e non precisa unha gran reforma, se ben durante as vacacións do verán o Concello aproveitará para insonorizar mellor o espazo ou cambiar algunhas xanelas.

«É o sitio idóneo, un edificio histórico en Nigrán que antes de ser biblioteca foi Casa Consistorial, céntrico e con capacidade para medrar como Escola Municipal de Música», explica o alcalde.

Un novo piano

O Concello investíu no ano 2020 un total de 9.500 € na compra dun piano de cola para poder incorporar este instrumento á oferta municipal e a maiores incluíu tamén ‘Linguaxe Musical’.

Unha das novidades deste curso é a adquisición dun piano eléctrico por 2.500 € para así destinar o de cola do Auditorio a concertos ou clases máis avanzadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.