Galicia Vigo al minuto

O presidente Rueda e os seus conselleiros cobrarán un 4% máis en 2023

Hais dez días o PP criticaba que Pedro Sánchez se subise o soldo

O presidente Rueda e os seus conselleiros cobrarán un 4% máis en 2023

Hai dez días o PP criticaba que Pedro Sánchez se subise o soldo

O soldo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, os dos seus dous vicepresidentes, Francisco Conde e Diego Calvo e os dos conselleiros soben un 4% en 2023, tal e como recolle o proxecto de orzamentos de Galicia, entregado este xoves no Parlamento.

Alfonso Rueda cobrará o ano que vén 82.843 euros -fronte aos 79.651 que gañaba Feijóo-, e dicir, 3.192 euros máis. Os dous vicepresidentes e os conselleiros pasarán dunha nómina de 69.517 euros a 72.303 euros, e o gasto en persoal eventual do gabinete da Xunta baixará de 6,3 a 6,2 millóns.

Nada que ver co que di o PP a nivel estatal

Estas subidas contradicen, de plano, o que defende o Partido Popular a nivel estatal. Hai apenas dez días, o vicesecretario de Economía dos populares, Juan Bravo, criticaba que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aumentase o seu salario un 4%. Bravo aseguraba que nestes momentos o que tocaba era “facer un esforzo” e pedía ao presidente que dera exemplo.

Na mesma liña, o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo asegurou hai dous días no Senado que se chegase ao Goberno recortaría nun 50% o número de altos cargos e asesores, unha medida que non se aplicará na Xunta en 2023….e tampouco este mesmo ano.

De feito, os orzamentos para 2022, eleborados con Feijóo a fronte da Xunta, recollían 6,34 millóns para persoal eventual de gabinete do Goberno galego, un 50% máis que en 2021, cando esa cifra era de 4,24 millóns.

También te puede interesar