Galicia Vigo al minuto

O presidente Rueda e os seus conselleiros cobrarán un 4% máis en 2023

Hais dez días o PP criticaba que Pedro Sánchez se subise o soldo

Hai dez días o PP criticaba que Pedro Sánchez se subise o soldo

O soldo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, os dos seus dous vicepresidentes, Francisco Conde e Diego Calvo e os dos conselleiros soben un 4% en 2023, tal e como recolle o proxecto de orzamentos de Galicia, entregado este xoves no Parlamento.

Alfonso Rueda cobrará o ano que vén 82.843 euros -fronte aos 79.651 que gañaba Feijóo-, e dicir, 3.192 euros máis. Os dous vicepresidentes e os conselleiros pasarán dunha nómina de 69.517 euros a 72.303 euros, e o gasto en persoal eventual do gabinete da Xunta baixará de 6,3 a 6,2 millóns.

Nada que ver co que di o PP a nivel estatal

Estas subidas contradicen, de plano, o que defende o Partido Popular a nivel estatal. Hai apenas dez días, o vicesecretario de Economía dos populares, Juan Bravo, criticaba que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aumentase o seu salario un 4%. Bravo aseguraba que nestes momentos o que tocaba era «facer un esforzo» e pedía ao presidente que dera exemplo.

Na mesma liña, o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo asegurou hai dous días no Senado que se chegase ao Goberno recortaría nun 50% o número de altos cargos e asesores, unha medida que non se aplicará na Xunta en 2023….e tampouco este mesmo ano.

De feito, os orzamentos para 2022, eleborados con Feijóo a fronte da Xunta, recollían 6,34 millóns para persoal eventual de gabinete do Goberno galego, un 50% máis que en 2021, cando esa cifra era de 4,24 millóns.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.