Comarcas Vigo al minuto

Denuncian que o goberno de Ponteareas négase a devolver as multas de 300€ anuladas, do ‘Estado de Alarma’

Son máis de 400 sancións, alerta ACiP

En Ponteareas todo é posible

Son máis de 400 sancións, alerta ACiP

Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), vén de lembrar que en outubro de 2021, o Tribunal Constitucional (TC) declarou como inconstitucional o primeiro dos estados de alarma decretados polo Goberno. O executivo estatal, poucas horas despois, notificaba a todas as institucións a obrigatoriedade de devolver as contías de cada unha das sancións interpostas durante ese período.

“Como corresponde, o Goberno de España e a Xunta de Galicia puxéronse a devolver os cartos de oficio, pero non así o Concello de Ponteareas”, sinalan dende ACiP. No mes de xuño, engaden, “desesperados, varios veciños afectados por estas sancións informáronnos sobre esta nova “cacicada” do goberno municipal. Ante eses feitos, Alternativa Ciudadana de Ponteareas solicitou información sobre o proceso no Pleno Ordinario do mes de abril.

Máis de 400 sancións

Coa información correspondente, “sabemos que nos atopamos por enriba das 400 sancións” (unhas 115 no 2020 e 288 no 2021), que a unha media de 300 euros de importe por cada multa, sitúan a “apropiación ilegal do Concello” por enriba dos 100.000€.

Ese mesmos mes de xuño, dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas púxose en coñecemento dos medios de comunicación este feits, “xa que a extensión temporal desta ilegalidade é un prexuízo moi grave para os nosos veciños”.

Ademais, atendendo ao actual situación de inflación e a proximidade do Nadal, a devolución deses cartos faise “unha necesidade imperiosa”.

Acudirán á xustiza

O portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, demandamos ao Goberno municipal que “se restitúa a legalidade”, xa que “o Concello de Ponteareas non é alleo a esta situación. Non imos permitir máis esta actitude, sendo un exemplo horrible para a veciñanza, polo que, de ser necesario, recorreremos as institucións xudiciais pertinentes.

Por este motivo, conclúe González, “dende ACiP esperamos que señora Cristina Fernández [alcaldesa de Ponteareas] respecte a institución que representa e realice a maior brevidade unha comunicación oficial, na que informe da devolución inmediata destas sancións os ponteareáns afectados”.

“Informamos que de continuar alargando esta irregularidade manifesta, poñerémolo en mans das autoridades competentes para que lle esixan o Concello a devolución das multas”.

También te puede interesar