Comarcas Vigo al minuto

Mondariz completa melloras viarias nas parroquias de Vilar e Lougares

O plan bianual de investimentos en camiños e estradas contará con 300.000€

O plan bianual de investimentos en camiños e estradas contará con 300.000 €

O Concello de Mondariz completou este mes de outubro as obras incluídas no Plan Marco 2021-2022 para a mellora de camiños municipais, cun orzamento de preto de 70.000 euros.

140.000 euros en melloras viarias

Estas actuacións consistiron na mellora da pavimentación de tres camiños: dous localizados na parroquia de Vilar e nos límites coa parroquia de Riofrío (lugares da Igrexa-Pé do Muíño e Casares), e un na parroquia de Lougares (lugar do Porrón).

Con estas obras, o Goberno de Mondariz leva investidos este ano uns 140.000 € en melloras viarias. Así, durante os primeiros meses de 2022, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, realizáronse obras de mellora da pavimentación e asfaltado en varios camiños das parroquias de Riofrío (Coto Ribeiro e Arnela); Lougares (A Chouteira); Queimadelos (Outeiro da Cruz e Costa da Carrapita) e Mondariz (rúa Ramón y Cajal). Estas obras incluíron actuacións adicionais sobre as canalizacións e a rede de saneamento nalgúns treitos. 

Investimento bianual de 300.000 euros

Para o Goberno de Mondariz a mellora dos servizos municipais máis básicos é unha «prioridade», como ratifica a «distribución dos fondos do Plan Concellos» e o aproveitamento das oportunidades de financiamento público para emprender proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

Por iso, seguindo esta liña, para os anos 2022 e 2023 está planificado un investimento de 300.000 € que vai beneficiar a 19 lugares de nove das doce parroquias do Concello de Mondariz.

Actuacións en todo o concello

Tendo en conta iso, o alcalde, Xosé Emilio Barros, apunta que nestes dous anos están previstas obras de reparación de estradas e pavimentación de pistas de terra en Mondariz (Camiño da Feira-A Pedreira, Casares-O Sesteiro e dous treitos nas Paredes); Frades (dúas pistas en Aboal e varios treitos en Quintáns); Gargamala (unha pista en Boente e varios treitos en Mourelle); Toutón (Lordelo e lugar da Igrexa); Sabaxáns (Coto, Porta Nova e lugar da Igrexa); Riofrío (Cavada Nova), Lougares (pista en Santa Baia); Mouriscados (lugar de Fontebalán) e Meirol (A Vermella e A Goleta).

Obras dende 2019

A estas actuacións hai que engadir que nos 2019, 2020 e 2021, o Concello de Mondariz acumulou máis de 400.000 € de investimento en melloras de pavimentación e asfaltado, fundamentalmente. Así, este desembolso previsto, sumado ás actuacións xa realizadas, suporá case 1 millón de euros destinado a melloras viarias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.