RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Este martes comeza a vacinación da cuarta dose contra a COVID nos centros de saúde

Para as persoas que nos acudiron aos ‘vacunódromos’

Este martes comeza a vacinación da cuarta dose contra a COVID nos centros de saúde

Para as persoas que nos acudiron aos ‘vacunódromos’

Como adiantou o conselleiro de Sanidade, este martes, día 18, as persoas que non puideron, «ou non quixeron» ir aos ‘vacunódromos’, poderán poñerse a cuarta dose da vacina contra a COVID nos centros de saúde.


Onte rematou a vacinación dos galegos de entre 80 e 84 anos e hoxe empezan a citar nos Centros de Atención Primaria a todos aqueles maiores de 85 anos, logo de que o venres empezase poñerse a cuarta dose, tamén nos ‘vacunódromos’ a aqueles que teñen entre 70 e 79 anos.

173.000 vacinados

Ata este luns recibiron a 4ª dose 173.000 galegas e galegos maiores de 60 anos; deles 151.000 acudiron aos centros de vacinación masiva -preto do 90%-. Ademáis, unhas 2.400 persoas recibiron a vacina na súa casa.

Tamén contra a gripe

Segundo informara o conselleiro, o 95,6% dos maiores de 60 anos recibiu tamén a vacina da gripe, unha posibilidde que se lles ofrecera conxuntamente coa cuarta dose da COVID.






También te puede interesar