RGPD - Cookies
Vigo al minuto

Actos de «esquirolaxe» contra os traballadores en folga da limpeza de contedores de Stellantis

Ocuparon pacificamente a sede da Inspección de Traballo en Vigo

Actos de "esquirolaxe" contra os traballadores en folga da limpeza de contedores de Stellantis

Ocuparon pacificamente a sede da Inspección de Traballo en Vigo

As máis de 50 traballadoras e traballadores do Grupo Urbano Bernabé, contrata de Stellantis Vigo encargada da limpeza e do estibado dos contedores e dos embalaxes baleiros da fábrica, cumpren 14 días de folga fancendo fronte a «actos de esquirolaxe».

Os mesmos, apuntan, consisten na contratación «ilegal», por parte deo Grupo Urbano Bernabé, de traballadores, após de convocarse a folga. Tal e como transmitiron á Inspección de Traballo, a empresa «botou man de persoal de ETT para intentar minimizar o impacto do paro« . Na mesma liña, presentaron outra queixa despois de atopar a un traballador de Stellantis desenvolvendo funcións dos empregados da contrata de limpeza.

«Precarización das condicións laborais«

Esta folga indefinida, iniciada o pasado día 3, ten coma obxectivo rexeitar «os plans da compañía de precarizar as condicións de traballo», substituindo o actual convenio provincial de limpeza de Pontevedra polo de Transporte de Mercadorías por Estrada, co conseguinte prexuízo económico, social e de estabilidade laboral para os traballadores.

Insisten en que o paro indefinido é único xeito de tentar «evitar que a empresa deixe o cadro de persoal sen o convenio que regula as súas condicións laborais dende a externalización do servizo en 1987».

Obrigación de subrogar aos traballadores

En virtude do convenio de Limpeza, as distintas empresas concesionarias do servizo ao longo destes anos estaban obrigadas a subrogar os traballadores e as súas condicións laborais, algo que non sucederá se Urbano Bernabé pasa a aplicar o de Transporte de Mercadorías por Estrada.

Este convenio de transporte “nada ten que ver coas labores que realizar o persoal da empresa”, polo que para o Comité está moi claro que «o que pretende a dirección é precarizar as condicións laborais».

Multiplícanse os recortes

Os sindicatos insisten en que dende que este grupo se fixo cargo do servizo os recortes que se veñen sucedendo dende hai anos non fixeron máis que multiplicarse e, tamén, «aumentaron os abusos e os incumprimentos».

Por iso, logo de numerosas denuncias diante da Inspección de Traballo e de intentos infrutuosos de manter unha xuntanza con Stellantis -responsábel última do servizo, acordaron ir á folga.

Mobilizacións

En paralelo co paro indefinido, os traballadores levan a cabo un intenso calendario de mobilizacións, que abrangue concentracións diarias de 07:00 a 08:00 e de 21:00 a 22:00 horas diante da planta de Stellantis; manifestacións de 11:00 a 12:00h, coma do pasado sábado, á que acudiron varios centos de persoas, ou concentracións diante da Inspección de Traballo, que comprometeuse a dar resposta, esta mesma semana, ás denuncias presentadas polo Comité de folga.

También te puede interesar