RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

A Aula UNED do Porriño abre matrícula para as súas primeiras actividades formativas

Son o `Programa de reforzo educativo para a obtención do título da ESO para adultos´ e un curso de `Comunicación empresarial en inglés´

A Aula UNED do Porriño abre matrícula para as súas primeiras actividades formativas

Son o `Programa de reforzo educativo para a obtención do título da ESO para adultos´ e un curso de `Comunicación empresarial en inglés´

Reforzo educativo para a obtención do título da ESO


O primeiro deles, é o  «Programa de reforzo educativo para a obtención do título de ESO para adultos» que se desenvolverá do 25 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023 de maneira presencial.

As clases impartiranse de martes a venres de 18 h a 21 h e os sábados de 10h a 13h e prepararanse as materias incluídas nos tres eidos  dos que consta a proba (científico-tecnolóxico, comunicación e social).  Está dirixidas a maiores de 18 anos que non dispoñan desta titulación. A matrícula ordinaria é de 40€ e gratuíta para os alumnos e alumnas empadroados no Porriño.

Comunicación empresarial en inglés

O segundo é o curso de «Comunicación Empresarial en Inglés» dirixido a todas as persoas interesadas cun nivel de inglés xeral de partida preferiblemente igual ou superior a B1.  Os alumnos adquirirán os coñecementos necesarios para efectuar con éxito comunicacións verbais e non verbais en lingua inglesa que lles permitirán desenvolverse socioprofesionalmente no eido internacional.

O curso desenvolverase do 28 de outubro do 2022 ao 17 de febreiro de 2023 (en horario de tarde) podendo elexir a asistencia presencial ou a online en directo ou en diferido. Componse de 40 horas lectivas, 2 créditos ECTS.
A matrícula é de 80€.

Toda información pode obterse na UNED Pontevedra-Aula Universitaria do Porriño (Multicentro de Torneiros); chamando ao teléfono 986 851 850 ou mediante un correo electrónico a  [email protected]

También te puede interesar