RGPD - Cookies
Deportes Vigo al minuto

Desirée Rivadulla, prata, e Irene Montemuiño, bronce no Open de Holanda de Taekwondo

Na competición sénior

Desirée Rivadulla, prata, e Irene Montemuiño, bronce no Open de Holana de Taekwondo

Na competición sénior

Esta fin de semana estase a celebrar o Open de Holanda(G2) de Taekwondo e na xornada deste sábado tivo lugar a competición sénior con dúas medallas para o taekwondo galego


Desirée Rivadulla (+73, Suh Sport) acadou a medalla de prata, mentres que Irene Montemuíño (-62, Natural Sport Riveira) foi bronce.

Desirée

Clasificouse para a final, despois de superar na semifinal a Famke Kloosterman (Holanda) por 2-0. No primeiro asalto Desi foi moi superior, e no segundo tocou sufrir un pouco máis, para impoñerse no último segundo e pechar así o triunfo.

A final foi contra Marlene Jahl (Austria), número 1 neste campionato. O primeiro asalto estivo moi igualado de principio a fin, pero caeu a favor da austríaca por 2-3. No segundo, Jahl logrou puntuar cunha acción arriba no inicio e a pesar de que Desi tratou de remontar non puido e a vitoria foi para Marlene por 2-0. Fantástica prata para Rivadulla!

Irene

E moito mérito tivo o bronce de Irene Montemuíño (-62) que fixo un total de tres combates. En oitavos de final superou con claridade á alemá Antonia Beck, nun combate dominado pola galega dende o inicio. Nos cuartos, esperaba Safia Salih (Marrocos), que saía co número 2 do Open. Irene mostrouse moi sólida en defensa impedindo que Salih lograra puntuar, mentres que Montemuíño acertou en varias accións de tres puntos para acadar a vitoria por 2-0.

Xa na semifinal enfrontouse a número 3 do torneo, Jolanta Tarvia (Letonia), nun combate moi axustado. No primeiro asalto, impúxose a letona pola mínima e no segundo rematou con empate, pero favorable a Tarvia, que acadou o pase á final.

También te puede interesar