Destacados Vigo al minuto

Advirten dun recorte do 65% nas contratacións no programa ‘Vigo Emprega’

O BNG apunta a que o Concello destina 92.000 dun orzamento de 1,2 millóns

A Deputación destina 1,2 millóns para que sete concellos da provincia contraten a 89 persoas

O BNG apunta a que o Concello destina 92.000 dun orzamento de 1,2 millóns

Dende o Bloque Nacionalista Galego veñen de denunciar un recorte do 65% das contratacións no programa de inserción laboral Vigo Emprega 2022-2023. A O BNG critica que o Goberno municipal destine só 92.000 euros a este programa laboral dos 1,2 millóns previstos no orzamento deste ano cando a cidade atravesa un contexto de emerxencia laboral con preto de 20.000 persoas desempregadas.

“Falla de compromiso”

«O BNG temos que volver lamentar a falla dun compromiso real do goberno de Abel Caballero coas políticas de emprego», asegurou o concelleiro do Bloque.

De 220 contratacións a só 75

Así, Xabier P. Igrexas afeou que se prevexan apenas 75 contratacións para o período 2022-2023 cando na edición de 2016 se crearan até 220 postos de traballo. Ademais, cuestionou que vaian ter unha duración de só seis meses, imposibilitando que as persoas contratadas poidan ser beneficiarias dunha prestación por desemprego ao remate do programa.

“Nefasta xestión”

«É unha evidencia máis da nefasta xestión e do absoluto desleixo do Goberno municipal de Vigo en relación ás políticas de promoción do emprego», remachou. Igrexas criticou tamén o atraso «inxustificado» na convocatoria do programa, que se produce a mediados de outubro cando en anteriores edicións estaba aberta a comezos de xuño.

8.000 empregos menos en Vigo que en 2009

O tamén candidato do BNG urxiu un xiro radical nas políticas de emprego do Goberno local diante do grave contexto laboral que padece a cidade, con 8.000 de traballo menos dos que existían no ano 2009 e con millares de mozas e mozos obrigados a marchar de Vigo por falla de oportunidades laborais. 

Y además:

238 personas empiezan a trabajar en el programa ‘Vigo Emprega’

El próximo año ‘Vigo Emprega’ contrtatará a 230 personas

También te puede interesar