Destacados Vigo al minuto

A CUT denuncia”posibles eivas democráticas” nas eleccións sindicais de Stellantis Vigo

Pola distribución das mesas e cabinas de votación

A xustiza declara nulo o acordo de tele-traballo de Stellantis Vigo

Pola distribución das mesas e cabinas de votación

Este xoves 13 de outubro iniciouse o proceso electoral en Stellantis Vigo y dende a CUT Citroen denuncian a “distribución das mesas e cabinas de votación”.

Representantes do sindicato entenden que tal e como están situadas “non permiten o necesario sufraxio electoral libre, igual, directo e segredo”, ao estar interventores e representantes da empresa excesivamente preto e con visibilidade das areas de recollida das papeletas das distintas candidaturas.

Existe pois, indican dende a CUT, “unha presenza reforzada en todas e cada unha das Mesa de votación de interventores da representación empresarial, e polo tanto, mantense un desequilibrio de posición respecto ás persoas electoras”.

Alta precariedade

Para os representantes da CUT, un proceso de votación de eleccións sindicais, tal e como establece a xurisprudencia,
non é igualitario ao procedemento electoral convencional, xa que, “o desequilibro entre a parte empresarial e o traballador e manifesto, e sobre todo tendo en conta a gran precariedade existente na fabrica”, na que “a taxa de parcialidade no persoal non cualificado é do 45%”.

Así, apuntan dende o sindicato, “dunha plantilla aproximada de 6.000 persoas, tan so 1.487 persoas teñen un contrato de 8 horas sen mecanismos de flexibilidade, o resto do persoal esta a expensas de evolucións de contrato, novacións,… e o persoal eventual a espera de contratación estable, qpoximadamente unhas 2.000 persoas”.

“Presión e posible intimidación”

Esta situación de precariedade, engaden dende a CUT, acentúase nas quendas de noite, polo tanto “a presión e posible intimidación coa distribución das mesas de votación e o establecemento de elementos auxiliares tensiona innecesariamente o desenvolvemento do proceso electivo, facilitando o acceso á información do sentido do voto por parte dos interventores, integrantes das mesas e do representante da empresa“.

Voto en mesa auxiliar

Consideramos, continúan dende a CUT, que “existe constancia de requirimentos para o voto en Mesa Auxiliar como
instrución para cos traballadores, o que revela que, constitúen instrumento de descubrimento involuntario do sentido do voto”.

Lembran que esta situación xa previamente foi denunciada pola CUT en laudo celebrado o pasado venres dia 7 de outubro que, “a dia de hoxe inexplicablemente non esta resolto polo arbitro, cuestión esta que provoca unha indefensión as persoas traballadoras que precisan rematar con un proceso electoral con posibles eivas democráticas, que historicamente “favoreceron” a maioría sindical existente no centro”.

También te puede interesar