Cultura Vigo al minuto

Os dinosaurios invaden Porriño!

Coa mostra ‘Dinosauria Experience’

Os dinosaurios invaden Porriño!

Coa mostra ‘Dinosauria Experience’

A mostra de dinosaurios animatrónicos “Dinosauria Experience” estará instalada na rúa Leandro Diz, o sábado 15 e o domingo 16 de outubro, de 11 a 14 h e de 17 a 20 h.

O T-rex branchiosaurus xigante

É a  gran exposición de dinosaurios que chega ao Porriño esta fin de semana con máis de 30 dinosaurios e o grandioso T-rex branchiosaurus xigante de máis de 10 m de altura.

Os admiradores destes seres milenarios poderán moverse entre ducias de dinosaurios animados, que respiran e braman. Tamén poden coñecer como é o día a día dun paleontólogo ou asistir a actividades interactivas en medio de  velociraptors e triceratops

Entradas

A entrada será gratuíta para os menores de 3 anos, a 6 € para os nenos e nenas de 3 a 12 anos e 10 € para adultos. As entradas cómpranse directamente no despacho de billetes do recinto os días de apertura.

También te puede interesar