Galicia Vigo al minuto

Dende este luns podes denunciar, de xeito anónimo, calquera irregularidade no transporte de viaxeiros

A Xunta activou unha canle para facelo

A Xunta activou unha canle para facelo

A Xunta activa este luns unha canle anónima para a comunicación de presuntos incumprimentos normativos en materia de transportes de competencia autonómica.

Transporte de viaxeiros e mercadorías

Así, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade implanjta no seu portal web unha canle para que os cidadáns poidan poñer en coñecemento da Inspección de Transporte posibles incumprimentos normativos no transporte de viaxeiros e tamén de mercadorías.

Sen dar o seu nome

A través do seguinte enlace: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal, o cidadán, de xeito anónimo, pode efectuar a comunicación dos feitos que entenda que poden constituír un incumprimento da normativa de transporte, sen necesidade de consignar ningún dato identificativo.

Se así o desexa, o usuario poderá achegar un correo electrónico que permita que a Administración poida requirir información adicional en relación aos feitos denunciados para a súa investigación.

Identificación do suposto infrator

O formulario electrónico prevé unha serie de campos para identificar o obxecto e suxeito ao que se atribúe a irregularidade comunicada e a súa data de comisión, acoutada temporalmente con base nos prazos de prescrición das infraccións.

Tamén se prevé unha nomenclatura que codifica os ámbitos nos que poden encadrarse os feitos relatados: carencia de autorización; carencia de CAP; tempos de condución e descanso; incumprimentos de tacógrafo; exceso de peso; transporte regular de viaxeiros; transporte escolar; taxis; estacións de autobuses, entre outras opcións.

Adicionalmente, recóllese un campo de texto de ata 6.000 caracteres e a posibilidade de xuntar documentación complementaria nun amplo abano de formatos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.