Deportes Vigo al minuto

Alerta polas condicións «insalubres» nos vestiarios das pistas de atletismo de Balaídos

A situación súmase ao «abandono que padecen as instalacións deportivas»

A situación súmase ao «abandono que padecen as instalacións deportivas»

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo denuncia as condicións «insalubres» nos vestiarios das pistas de atletismo de Balaídos. Dende o BNG recóllense as protestas das e dos atletas diante da «evidente falla de limpeza» e a inundación dos aseos nas últimas semanas.

Este situación, apunta o concelleiro do Bloque, se suma ao «total abandono» que padecen as instalacións deportivas, desde hai anos, por parte do goberno de Abel Caballero.

Xabier P. Igrexas trasladou a denuncia á concellería de Deportes, dirixida por Manel Fernández, instando a adopción de medidas para que a empresa responsábel da limpeza, Star Servizos, resolva de maneira inmediata estas deficiencias.

«Abel Caballero son se atrevería a poñer un só pé alí»

Igrexas subliñou que «as e os deportistas de Vigo non merecen ser castigados cunhas instalacións obsoletas e sucias nas que Abel Caballero, non se atrevería a poñer un só pé». Nese sentido, reiterou a esixencia do BNG de realizar a remodelación comprometida das pistas de atletismo, pendente desde 2008.

Un convenio asinado por Concello e Xunta hai 14 anos…que non se cumpre

O concelleiro do BNG acusou tanto ao Concello de Vigo como á Xunta de ter nun estado «lamentábel» as instalacións de Balaídos polas continuas leas partidistas entre PSOE e PP. Urxiu a facer efectivo o convenio de reforma asinado por ambas institucións hai 14 anos e, singularmente, chamou ao alcalde a cumprir coa promesa realizada en xullo de
2021 de iniciar o proxecto para remodelación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.