Destacados Vigo al minuto

16 empresas de Vigo participarán no ‘workshop’ da Deputación en Sevilla e Bilbao

Os días 19 e 20 deste mes

Os días 19 e 20 deste mes

Sevilla e  Bilbao tómanlle o relevo a Madrid e Valencia e acollerán o mércores 19 e o xoves 20 de outubro a ata 32 empresas da provincia de Pontevedra das que 16 exercen a súa actividade nas comarcas de Vigo e O Baixo Miño.

“Somos a única administración provincial galega –sinalou hoxe a presidenta da Deputaciónque realiza estos eventos de promoción e comercialización do destino que realmente son un grande éxito”.

Plan Estratéxico Provincial de Turismo

As actividades, que forman parte do Plan Estratéxico de Turismo provincial para o 2021-2023, terán lugar na Sala Metropol de Sevilla o mércores 19 de outubro e no Yimby Bilbao Ercilla o xoves 20. Ata alá desprazaranse, xunto a representantes da Deputación encabezadas por Carmela Silva, responsables de entidades de Vigo como Alda Hotels (Hotel Alda Vía Norte, Hotel Alda Puerta del Sol, Apartamentos Alda Porta do Sol e Hotel Alda Estación Vigo), Hotel Attica 21 Vigo, Hotel Bahía de Vigo, Hotel Ciudad de Vigo/Axis Vigo, Hotel OCA Ipanema, Hotel Zenit Vigo, Pazo Los Escudos Hotel&Spa Resort, Vio Viajes e Sailway.

Baixo Miño

Tamén participarán outras dúas empresas da comarca do Baixo Miño como as adegas Terras Gauda do Rosal e o Hotel Talaso Atlántico de Oia. Amais destas entidades, participan outras dezaseis da provincia que representan todos os sectores relacionados co turismo, dende hoteis a axencias receptivas, adegas, casas de turismo rural, empresas de aluguer de barcos a motor e vela, ademais da Ruta do Viño Rías Baixas, do Museo de Pontevedra e os castelos de Soutomaior e Sobroso.

Presentación do destino Provincia de Pontevedra

Os workshop que a Deputación organiza este mes en Sevilla e Bilbao comezarán coa posta en contacto das empresas turísticas da provincia e as sevillanas e bilbaínas.  Está previsto que todas elas teñan encontros networking con máis de 130 empresas de Sevilla e Bilbao coas que se agardan pechar negocios turísticos.

Trala parte comercial terá lugar unha presentación de destino, na que a Deputación dará a coñecer a campaña de promoción de Pontevedra Provincia ante o público de ámbalas dúas cidades.

O pasado ano, tal e como recordou a presidenta Carmela Silva, en Madrid e Valencia tiveron lugar ata 3.000 citas directas e encontros con máis de 160 firmas. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.