Cultura Vigo al minuto

Viva San Froilán!

Lugo acolle unha das festas máis senlleiras e concorridas de Galicia

Viva San Froilán!

Lugo celebra unha das festas máis multitudinarias e senlleiras de Galicia

Lugo celebra xa o San Frolilan. Dende este martes, día 4, e ata o vindeiro mércores 12 de outubro, as rúas lucenses acollerán máis de 200 actividades -a metade delas serán musicais- dando lugar a un programa do San Froilán no que, segundo sinalou a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, “todas as veciñas e veciños e as persoas que se acheguen a Lugo atoparán unha actividade do seu gusto”.

A gran festa de outono en Galicia

Con San Froilán – cita de interese turístico estatal dende hai anos- volve a gran festa do outono en Galicia, este ano xa sen restriccións sanitarias, o que supón a volta de actividades que nos anos da pandemia se aprazaron debido ás masificacións., entre elas o desfile do traxe tradicional, celebrando o seu 50 aniversario ou o desfile do gando, que terá lugar o venres 7 ás 6 da tarde.

Actividades familiares

As familias contarán con 22 actividades de calidade, que se celebrarán tanto na carpa do aparcadoiro do Seminario como nas rúas de Lugo dentro do San Froilán Miúdo. En total, o programa conta con 50 concertos en escenario e preto de 90 actividades de rúa, con pasarrúas, espectáculos itinerantes e animación nos barrios.

Punto lila

Na edición deste ano haberá un novo servizo de punto lila, onde especialistas en materia de igualdade traballarán en informar, concienciar e dar pautas para evitar situacións de acoso e violencia machista, e proporcionarán apoio, refuxio e asesoramento no caso de que acontezan.

Horarios especiais de autobús

Para facilitar o acceso as diferentes zonas de festa, o Concello estableceu horarios especiais das distintas liñas de bus urbano que se aplicarán durante o San Froilán. As principais liñas que comunican o centro coas distintas zonas da cidade ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá ,para permitir a toda a veciñanza que queira asistir ás festas poder volver á casa de maneira segura.

Mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva

Ademais, por primeira vez contarase cun servizo de mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva nos concertos da praza Horta do Seminario.

También te puede interesar