Destacados Vigo al minuto

Seguimento ‘prácticamente total’ na folga de limpeza de contedores de Stellantis

Os traballadores acuden o xoves á Inspección de Traballo

Os traballadores acuden o xoves á Inspección de Traballo

A folga indefinida na limpeza de contedores da fábrica de Stellantis en Vigo iniciada o luns día 3 «está
a ter un seguimento practicamente total»
por parte dos traballadores, sinalan dende a CIG.

Cambio de convenio

Segundo denuncian dende o Comité, «a Dirección quere impoñer un cambio de convenio, do actual de Limpeza da provincia de Pontevedra ao de Transporte de Mercadorías por Estrada, co conseguinte prexuízo económico, social e de estabilidade laboral para os arredor de 60 empregados da compañía».

Mobilizacións

Dende que se iniciou o paro indefinido o cadro de persoal está a desenvolver un intenso calendario de
mobilizacións, con concentracións diarias de 7:00 a 8:00 e de 21:00 a 22:00 horas diante das instalacións de
Stellantis
e con manifestacións polas rúas da cidade, como a celebrada este mércores.

Para este xoves, día 6, está prevista unha concentración diante da Inspección de Traballo de 11:00 a 12:00 horas, coincidindo coa mediación solicitada pola empresa.

Denuncia na Inspección de Traballo

A representación sindical -CIG, CGT e UGT- denunciou diante da autoridade laboral que o Grupo Urbano
está a botar man de persoal de ETT para intentar minimizar o impacto do paro. Tamén presentaron outra denuncia despois de atopar a un traballador de Stellantis desenvolvendo funcións dos empregados da contrata de limpeza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.