Destacados Vigo al minuto

Critican a “falta de transparencia” na adxudicación do concerto de Muse en Vigo por 2,5 millóns de euros

Tamén os “500 amigos do PP” no ‘palco VIP’ de C.Tangana

Critican a "falta de transparencia" na adxudicación do concerto de Muse en Vigo por 2,5 millóns de euros

Tamén os “500 amigos do PP” no ‘palco VIP’ de C.Tangana

A portavoz parlamentaria de Cultura do BNG, Mercedes Queixas, denunciou na Cámara galega a “adxudicación arbitraria” do concerto de Muse en Vigo, cun custo de 2,5 millóns de euros, que se suma á tamén “opaca” adxudicación do Festival O Son do Camiño, cun gasto doutros 2,5 millóns nun concurso sen anuncio público.

Discriminación da industria musical galega no Xacobeo

Neste sentido, criticou a política de “turistificación cultural arbitraria, falta de transparencia, arribista da lingua e da cultura galega” do Goberno do PP, que beneficia con 5 millóns de euros a 50 formacións musicais das cales só 4 son galegas. Para o PP os recortes só se aplican á cultura galega e por iso o conselleiro de Cultura evitou sacarse unha foto co cartel da obra de teatro que levaba ese título. “Avergóñanse da súa propia política”, ironizou.

120.000€ para 7.000 músicos de bandas populares

Fronte ás cifras millonarias para a industria musical de fóra, só se destinaron 120.000 euros para toda a actividade da Federación de Bandas de Música Popular, con máis de 7.000 músicos, decisións que “exclúen á nosa cultura como a receptora principal do diñeiro público das galegas e galegos”. Así, a deputada do BNG advertiu que non existe ningún suposto “retorno millonario que xustifique este custo nin tampouco estudos que o avalen, “onde está ese informe?”, demandou.

500 “amigos do PP” no Palco VIP de C.Tangana

“O seu único criterio é a defensa da cultura elitista” dixo en referencia aos 500 “amigos” do PP no palco VIP do concerto de C. Tangana e ao caso do concello de Baiona, para o que a lingua do País “non é válida” na programación cultural do verán por mor da presenza dos turistas. “Vostedes pensan que quen nos visita non pode ter interese en coñecer unha cultura, é sectario e ignorante de seu, pensa o ladrón que son todos da súa condición”.

Cal foi o criterio para adxudicar 2,5 millones a Muse?

Ante a dilapidación” de cartos que fai o Goberno do PP, Queixas exixiu atender ás preocupacións dos axentes culturais galegos e demandou saber cal foi o criterio de adxudicación do concerto de Muse por 2,5 millóns de euros.

También te puede interesar