RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

Un teléfono de atención a maiores de 65 anos, atendido por persoas non por máquinas

É o 900 333 666 para trámites coa Xunta, incluindo citas médicas

Este xoves podes recibir unha mensaxe de 'alerta' no teu móbil...non temas, é só unha proba

É o 900 333 666 para trámites coa Xunta, incluindo citas médicas

Este luns, 3 de outubro, Galicia pon en marcha o teléfono específico de atención administrativa preferente para as persoas maiores de 65 anos.

Trátase dunha iniciativa orientada a proporcionar unha atención máis personalizada, ademais de apoiar a independencia dos maiores.

‘Canle +65’

Quen chame ao número 900 333 666 evitará a escoita de mensaxes automatizadas e a marcación de opcións, facilitándolles ás persoas maiores o contacto cun operador humano.

O teléfono é unha das ferramentas da Canle +65, que ten como obxectivo facilitar o contacto directo coa Administración galega e que inclúe servizos como a cita en Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, ou a atención nas Oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia, así como as de Facenda (Axencia Tributaria de Galicia).

SERGAS

Nos centros de Atención Primaria do Sergas a atención telefónica para maiores de 65 anos priorizarase mediante un sistema automatizado. Este sistema permite que quen chama, en caso de que non o atendan no momento, teña a opción de deixar algúns datos persoais co fin de que o operador sanitario, no momento en que quede libre, devolva a chamada.

Información, Rexistro e Facenda

Por outra banda, as Oficinas de Información e Rexistro da Xunta e da Axencia Tributaria de Galicia contarán cunha atención telefónica reforzada. Así, se priorizará a chamada, sempre que o usuario manifeste que é maior de 65, sen necesidade de escoitar mensaxes nin facer marcación.

También te puede interesar