RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

A 4ª dose da vacina da COVID para maiores de 85 anos comezará a poñerse o sábado 8 de outubro

Logo de rematar nas residencias de maiores

A 4ª dose da vacina da COVID para maiores de 85 anos comezará a poñerse o sábado 8 de outubro

Logo de rematar nas residencias de maiores

O presidente do Goberno galego apountou que a previsión do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é rematar de administrar a 4ª dose da vacina da COVID en residencias, o vindeiro venres día 7 e comezar o sábado, 8 de outubro, cos maiores de 85 anos nos ‘vacinódromos’.

Rueda informou de que preto do 50% dos residentes en centros de maiores xa recibieron esta dose de reforzo contra as variantes BA4 e BA5 da ómicron.

Vigo

Como informara vigoalminuto hai uns días, no caso de Vigo as vacinas non comezarán a poñerse no IFEVI, posto que estará ocupado por Conxemar, polo que a vacinación será, os primeiros días, no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Tamén destacabamos que polo que se refire á extensión da cuarta dose a toda a poboación, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña comentara que na súa opinión non será así e só se vai manter para as persoas maiores de 60 anos.



También te puede interesar