Destacados Vigo al minuto

Varios colectivos advirten de que o Concello fará unha sala de lectura en Teis, ‘non unha biblioteca’

Piden unha entrevista urxente co alcalde

Tarta para celebrar los 9 años que el alcalde lleva anunciando la Biblioteca de Teis

Piden unha entrevista urxente co alcalde

Representantes de distintos colectivos – ANPAS, Asociación Veciñal e Vocel Libres polo Litoral de Teis- advertiron este xoves que o Concello non ten previsto facer unha nova biblioteca en Teis, senón unha ‘sala de lectura’.

Nunha comparecencia ante os medios de comunicación lembraron que o pasado 30 de xuño o Goberno local aprobou o proxecto de edificio, “para uso da sala lectura”, no antigo inmoble do ambulatorio de Teis, “non unha biblioteca, como demandamos dende Teis”.

“Enganados”

A veciñanza, subliáron, “sentímonos enganados logo de anos con anuncios por parte de Abel Caballero. Logo de anos reivindicando que Teis necesita unha biblioteca, e que o lugar máis acaído é o edificio do antigo Centro de Saúde, na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000, cunha superficie de 1.000 metros cadrados.

Entrevista co alcalde

Desde os colectivos de Teis, “levamos anos solicitando por escrito xuntanzas con responsábeis do Goberno municipal incluído o alcalde, para coñecer o proxecto da biblioteca de Teis, sen recibir ningunha resposta, a última solicitude de entrevista foi o 10 de xuño de 2022”.

Anos de anuncios

Os representantes destes colectivos, subliñaron que dende o Concello levan oito case unha década anunciando a remodelación deste edificio, así:

No 2014 o alcalde asegurou que o antigo edificio do ambulatorio se convertiría na Biblioteca de Teis.

En 2018 anunciaba obras por valor de 900.000 euros.

Xa en 2019 Caballero informou da cesión do edifico por parte da Tesoreria do Estado. Neste ano tamén adiantaba que se destinaban 50.000 euros á “sala de lectura de Teis”. Daquela, falou das inmediatas obras da biblioteca en varias ocasións.

2020: anuncio do comezo das obras para o 2021 e a súa inauguración no 2022, “respaldado cun proxecto representado nunha impresionante recreación dunha maqueta” e o investimento de 900.000 euros.
Ano 2021: as obras non comezan e os responsables do Concello néganse a reunirse cos colectivos, pero o alcalde segue adiantando que haberóa nova biblioteca en Teis
2022: o Goberno municipal asegura que a ‘biblioteca’ contará cun orzamento de 930.000 euros…finalmente, “en xuño deste ano confirmanse as sospeitas: o de Teis será un sala de lectura”.

Hai uns días, confirman que hai que derrubar o edificio e construir un novo, investindo 850.000 euros. Finalmente, este mesmo mes, o alcalde informa de que comenzará a demolición do edificio á que se destinarán 300.000 euros.

Os colectivos de Teis, “solicitamos, unha vez máis, manter unha xuntanza urxente co alcalde para tratar sobre o proxecto da biblioteca e acordar un proxecto que dea resposta as necesidades da parroquia”.

También te puede interesar