Comarcas Vigo al minuto

Desconvocada a folga de recollida do lixo convocada en Ponteareas

Este martes logo de 5 horas de reunión

Este martes logo de 5 horas de reunión

Tras unha reunión de máis de cinco horas mantida entre a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, a empresa concesionaria, FCC,e representantes sindicais, a última hora deste martes desconvocábase a folga xeral de recollida de lixo, limpeza viaria e punto limpo en Ponteareas.

Negociación dun novo convenio

Pasadas as 10 da noite, as partes chegaban a un principio de acordo sobre a negociación dun novo convenio que permita mellorar as condicións laborais e salariais do persoal antes de que remate a vixencia do actual documento, o vindeiro 31 de decembro.

Aumento salarial cun ‘horizonte’ do 12%

Neste preacordo de cara ao futuro convenio colectivo todas as partes terán en conta a proposta dos e das traballadoras de que teña unha vixencia de 4 anos, así como que contemple un incremento salarial cun horizonte do 12% e outras melloras sociais. O día 11 de outubro todas as partes volverán reunirse para seguir traballando na concreción deses acordos.

Este desbloqueo da situación prodúcese despois das diversas reunións mantidas durante os últimos días pola alcaldesa ponteareá coa empresa e cos e coas representantes sindicais para mediar e tentar chegar a consenso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.