Cultura Vigo al minuto

A xustiza obriga o Goberno a permitir a concentración en defensa do nome da Toxa

Convocada pola Mesa, este xoves

A xustiza obriga o Goberno a permitir a concentración en defensa do nome da Toxa

Convocada pola Mesa, este xoves

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver a favor do recurso interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística contra a decisión da subdelegación do goberno español en Pontevedra de prohibir a denuncia pública da deturpación do nome lexítimo da Toxa na cuarta edición do “Foro La Toja”

Así, o TSXG obriga o goberno español a permitir a concentración que se celebrará este xoves, 29 de setembro, ás 19h no paseo do Mar da Illa da Toxa, tal e como propuxera a Policía Local do Grove no seu momento.

Talante pouco democrático da Delegación do Goberno

A Mesa pola Normalización Lingüística lamenta o talante pouco democrático amosado polos representantes do goberno español na Galiza, optando por “limitar os dereitos civís e lingüísticos da poboación en lugar de asumir as alternativas que ofrecían as propias forzas e corpos de seguridade para poder garantilos e que non se molestaron en compartir coa entidade organizadora da protesta”.

https://twitter.com/maceiragz/status/1575061964987936768

Facer calar a quen defende o exercicio dos dereitos civís

O presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, afirma que esta resolución pon en evidencia o ánimo da delegación do goberno na Galiza de “facer calar a quen defende o exercicio dos dereitos civís e lingüísticos, mentres ampara quen os incumpre”. “Se as autoridades asistentes ao acto tivesen realmente vontade de garantir o cumprimento da lexislación”, engade Maceira, “non acudirían a um acto que fai gala do desprezo por ela”.

A Mesa insta a Delegación do goberno a garantir os dereitos lingüísticos e civís en toda a administración do Estado e no comportamento dos seus representantes no canto de empregar a prohibición e as sancións contra quen exerce estes dereitos.

“Se a Delegación do Goberno quere impedir manifestacións como a gañada diante do TSXG”, remata Marcos Maceira, “só ten que actuar con algo máis de dilixencia á hora de garantir o uso do galego en organismos como Facenda, Seguridade Social, servizo de emprego, forzas de seguranza ou TVE”. “Non precisa tanta como a amosada para prohibir o exercicio do dereito ao uso do galego ou á manifestación“, sentencia

También te puede interesar