Cultura Vigo al minuto

A xustiza obriga o Goberno a permitir a concentración en defensa do nome da Toxa

Convocada pola Mesa, este xoves

Convocada pola Mesa, este xoves

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver a favor do recurso interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística contra a decisión da subdelegación do goberno español en Pontevedra de prohibir a denuncia pública da deturpación do nome lexítimo da Toxa na cuarta edición do «Foro La Toja»

Así, o TSXG obriga o goberno español a permitir a concentración que se celebrará este xoves, 29 de setembro, ás 19h no paseo do Mar da Illa da Toxa, tal e como propuxera a Policía Local do Grove no seu momento.

Talante pouco democrático da Delegación do Goberno

A Mesa pola Normalización Lingüística lamenta o talante pouco democrático amosado polos representantes do goberno español na Galiza, optando por «limitar os dereitos civís e lingüísticos da poboación en lugar de asumir as alternativas que ofrecían as propias forzas e corpos de seguridade para poder garantilos e que non se molestaron en compartir coa entidade organizadora da protesta».

https://twitter.com/maceiragz/status/1575061964987936768

Facer calar a quen defende o exercicio dos dereitos civís

O presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, afirma que esta resolución pon en evidencia o ánimo da delegación do goberno na Galiza de «facer calar a quen defende o exercicio dos dereitos civís e lingüísticos, mentres ampara quen os incumpre». «Se as autoridades asistentes ao acto tivesen realmente vontade de garantir o cumprimento da lexislación», engade Maceira, «non acudirían a um acto que fai gala do desprezo por ela».

A Mesa insta a Delegación do goberno a garantir os dereitos lingüísticos e civís en toda a administración do Estado e no comportamento dos seus representantes no canto de empregar a prohibición e as sancións contra quen exerce estes dereitos.

«Se a Delegación do Goberno quere impedir manifestacións como a gañada diante do TSXG», remata Marcos Maceira, «só ten que actuar con algo máis de dilixencia á hora de garantir o uso do galego en organismos como Facenda, Seguridade Social, servizo de emprego, forzas de seguranza ou TVE». «Non precisa tanta como a amosada para prohibir o exercicio do dereito ao uso do galego ou á manifestación«, sentencia

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.