Cultura Vigo al minuto

O Museo acolle catro obradoiros artísticos experimentais para familias

Os sábados 1, 8, 15 e 22 de outubro

Os sábados 1, 8, 15 e 22 de outubro

O Museo de Pontevedra programará catro obradoiros artísticos experimentais dirixidos a familias e xirarán arredor do Camiño, as súas paisaxes e as persoas que o percorren, motivando a reflexión das persoas participantes.

En outubro

Estes obradoiros, que se desenvolverán os catro primeiros sábados de outubro (1, 8, 15 e 22) de 11.30 a 13.30 horas no Edificio Castelao, están dirixidos a público familiar co obxectivo de favorecer o intercambio xeracional.

Deste xeito, cada nena ou neno estará en compañía dunha persoa adulta, ata un máximo de 12 parellas por sesión. Ademais, haberá prazas reservadas para nenas e nenos con necesidades especiais. A inscrición ábrese hoxe a través do correo electrónico [email protected].

‘O Museo en Camiño, volta á ruta’

Esta actividade forma parte do proxecto ‘O Museo en Camiño, volta á ruta’, que inclúe tamén accións didácticas en centros escolares da provincia.

Desde o 16 de setembro, desenvólvese un programa didáctico itinerante para achegar o patrimonio do Museo a cinco pequenas poboacións situadas no Camiño Portugués.

O proxecto xa pasou por Barro e Catoira, e chegará en próximas datas ao CPI de Pontecesures (29 de setembro), ao CEIP de Ponte Sampaio (3 de outubro) e ao CEIP Outeiro das Penas de Cesantes (11 de outubro). Así, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria destes centros recibe a visita de Raquel Queizás, que fai unha representación teatral baseada na escolma de pezas representativas da colección do Museo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.