RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Caballero pide á Xunta a reducción do caudal hidrolóxico na presa de Eiras

Para «garantir máis días de auga» se non chove

Caballero pide á Xunta a reducción do caudal hidrolóxico na presa de Eiras

Para «garantir máis días de auga» se non chove

Abel Caballero pediu hoxe á Xunta a redución do caudal hidrolóxico na presa de Eiras para ter garantidos máis días de auga se non chove.

O alcalde asegurou que coñeceu a través da prensa a comunicación do Goberno galego da alerta en Zamáns e a prealerta nos ríos Verdugo e Oitavén – que abastece a Vigo- pola insuficiencia de auga.

Xa o solicitara para Zamáns

Caballero apuntou que xa solicitara hai tempo a redución do caudal en Zamáns o que, subliñou, permitiría agora ter garantidos máis días de subministro para unha parte de Vigo, Nigrán e Baiona, e acusou á Xunta de non tomar medida algunha.

Durante a rolda de prensa deste luns, o alcalde reivindicou as medidas que dixo, xa tomou o Concello de Vigo en xaneiro deste ano, en previsión de que poidese haber escaseza, entre elas, insistiu, a de retirar da subministración desde Zamáns a unha parte da cidade.

Nesta liña, adiantou que solicitaría inmediatamente a redución do caudal ecolóxico de Eiras, á vista de que o Goberno de Galicia non está facendo nada

A Xunta quere deixar a Vigo sen auga

En resposta a preguntas dos xornalistas sobre se o Concello aprobará algunha medidas máis para aforrar auga, Abel Caballero repetiu o que leva días decindo: que as humanizacións fixeron de Vigo a ciudade de España que menos ‘fugas’ ten no sistema de condución e, engadiu, só queda por parar a ‘purga’ das tubaxes algo que, engadiu axiña, «permitiría un aforro moi pequeno».

De contado, volveu a recurriu ao ‘mantra’ destas semanas, insistindo en que a intención da Xunta, a súa intención política, é deixar a Vigo sen auga, «como xa fixera en 2017».

Qué pasará dende agora?

Haberá restricións?, esta foi unha pregunta que o alcalde non quixo contestar, alegando que non podía saber o que pasaría no futuro, pero parece que terá que ser así se chegamos á situación de escaseza severa , cando non se poida garantir que haxa auga para máis de 100 días, unha situación á que aínda non chegamos.

Antes diso, o Concello eliminará o rego dos campos de fútbol de herba artificial e optimizará os de herba natural; suprimirá o consumo innecesario en colexios e pavillones e os regos ornamentais; logo de que se teñan suprimido os baldeos e o funcionamento de fontes, o peche de duchas e lavadoiros das praias e a reposición de auga das piscinas, como fixera hai cinco anos.

Os cortes de servizo ás casas chegarían se acadásemos a ‘situación de emerxencia’, que sería aquela na que non quedase auga nos encoros para manter o servizo á cidade durante máis de 40 días.

También te puede interesar