RGPD - Cookies
Destacados

O 10 de outubro abrirán os grandes centros de vacinación para a 4ª dose da COVID

En Vigo non será en IFEVI senón no Cunqueiro

Este martes comeza a vacinación da cuarta dose contra a COVID nos centros de saúde

En Vigo non será en IFEVI senón no Cunqueiro

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, coinfirmou este domingo, nunha entrevista na Radio Galega que, a partir do 10 de outubro, a Xunta habilitará os recintos de vacinación masiva- os ‘vacinódromos- para administrar a cuarta dose da COVID aos maiores de 80 anos.

García Comesaña apuntou que en dúas semanas -a contar dende este próximo luns- poderán finalizar a vacinación aos maiores das residencias e de seguido empezaría a vacinarse aos maiores de 80 que non están en residencias. O conselleiro subliñou que as citas se farán «con antelación suficiente» para que todo o mundo poida acudir.

Vigo

Os recintos, xa empregados nas outras campañas da vacina da COVID, estarán ocupados un dous meses e serán os mesmos que noutras ocasións. No caso de Vigo, o Instituto Feiral (IFEVI) estará ocupado pola celebración de Conxemar, polo que a vacinación será, os primeiros días, no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Polo que se refire á extensión da cuarta dose da vacina a toda a poboación, Julio García Comesaña comentou que na súa opinión non será así e só se vai manter para as persoas maiores de 60 anos.





También te puede interesar